Entrevista Cuarto Público: Patricia Amil, Xulia Santiso, Paula Cabaleiro

cuarto publico (1)

Fai uns meses presentabamos a nova feira de arte contemporanea Cuarto Público, agora que está a piques de comezar entrevistamos ás suas directoras Patricia Amil, Xulia Santiso e Paula Cabaleiro:

Cuarto Público é a primeira feira de este tipo que se celebra en Galicia, ¿Como xurdiu este proxecto?

O proxecto era necesario. A acción era necesaria.

Por un lado dunha inquedanza, había que contribuír a dinamizar o panorama cultural. Ao presentar esta feira estamos axitando este panorama.

Por outro a necesidade de darlle osíxeno ao mercado da arte.

E por ultimo -case ao primeiro- polo coñecemento das persoas axeitadas, somos un equipo produtivo que se complementa á perfección, cunha capacidade de traballo moi grande, pero que nunca deixa de lado o corazón, incluso a alma. Esteban Iglesias, o director do hotel NH OBRADOIRO era a pata que faltaba a esta mesa. A súa receptividade e sensibilidade coas propostas que lle aportan un valor engadido ao hotel que dirixe. Desde o seu campo, el tamén pensa que hai que posibilitar un presente onde a cultura teña un valor verdaderamente relevante.

¿Por que en Santiago?

Estamos nun momento de estratexias en rede, de traballo en colaboración e de axentes do sector que proxectan creando tecido. Se pensamos nun punto neurálxico dese tecido, pensamos en Compostela. Viva, heteroxenea, multicultural, nova e tradicional, sensible…todo iso é Santiago. Se a maiores sumamos unha situación central en Galicia, accesible para as catro provincias, cun aeroporto que vincula con moitas cidades de España, temos a cidade galega perfecta para Cuarto Público.

¿Como escollestes o nome da feira?

CUARTO PÚBLICO quere contribuir a desacralizar os espazos de arte. Xogamos coa idea de  Virginia Woolf, é indispensable para ter identidade como persoa, home ou muller, disfrutar dun cuarto propio. Este é o paso seguinte, o das conclusións. A presentación pública da creatividade, sometida ao xuizo e á sensibilidade dos outros.

CUARTO é un espazo público onde se aprecia o traballo íntimo da creación individual. Quizais a arte sexa o único camiño da individualización. O núcleo duro da actividade creativa como signo da identidade persoal, fronte ás formas producidas colectivamente.

cuarto publico (3)

¿Que diferencia esta feira doutras semellantes?

En Cuarto Público o artista fala por sí sólo. Esa é grande diferenza. Tamén hai galerías como Tinta e Cervantes6, hai espazos institucionais como CGAC, MACUF e Rede Museística de Lugo, hai proxectos híbridos de xestión cultural e edición como IngenioIC ou LaGran, hai espacios editoriais como Beis Magazine ou Do Paraná… pero tamén hai artistas que montan o seu propio discurso, o seu stand a título persoal ou asociado, sin chegar representados por una entidade, nun formato aberto onde teñen cabida disciplinas como a moda, a través de Gonzalo Vázquez.

¿Que esperades deste primeiro ano?

O primeiro ano é o das emocións, e esperamos chegar á xente a través delas. É a feira da implicación, non só dun equipo de traballo que hay detrás, senón de moitas xente enredada neste proxecto-soño feito realidade. E a primeira posta en marcha, no que detectarás moitos erros, necesidades, cousas que non funcionan… pero moitas outras que sairán ben e imprimirán en nós forzas para afrontar futuras edicións.

Participan diferentes galerías, artistas… ¿Tivestes moitas solicitudes?

Esa foi a nosa sorpresa: moitos proxectos de toda España, e mesmo dun marco máis internacional, xa que temos un expositor de Oporto. Cánta xente veu en Cuarto Público unha posibilidade de compartir. Tremenda satisfacción por parte de Territorio Cultura.

Nesta feira haberá moda, danza, teatro, ¿Por que unha proposta tan variada?

Esta é a feira do diálogo, artistas, espazos, disciplinas, galerías, sociedade. Sinerxias, interacción.

Nesta feira haberá debates, obradoiros en familia… ¿Que importancia ten a didáctica para vós neste tipo de eventos?

Territorio Cultura ten un dos seus pilares na didáctica: cremos que a mediación e a creación colectiva, a experiencia e o aprendizaxe a través da mesma é a mellor ferramenta para achegar a arte contemporánea a todos os públicos, afastándonos de cripticismos e elitismos.

Falta xa moi pouco para que comece a feria ¿tedes sorpresas preparadas?

A única mensaxe que transmitimos cando nos fan esa pregunta: haberá que vir vela…

Iremos, iremos!

cuarto publico (2)

Anuncios